Quirónsalud ficha máis especialistas para o seu hospital de Pontevedra, o Miguel Domínguez
O traumatólogo Ovidio Alonso Baena, o radiólogo David Pereira, e a neumóloga Marta Torres incorpóranse ao cadro de profesionais do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
David Pereira Barreiro ten unha ampla formación e experiencia no campo da ecografía músculo esquelética. Incorpórase ao servizo de diagnóstico por imaxe, que xa contaba con catro especialistas: Andrés Pardo, Maria Teresa Toscano e Miguel Ramón Antonio Puig.
O hospital dispón dunha ampla oferta de probas diagnósticas con dúas resonancias magnéticas (alto campo e aberta), TAC, 4 ecógrafos (4D), mamógrafo de alta resolución, radioloxía convencional, ortopantomógrafo e densitómetro.
Por outra banda, o doutor Baena Olascoaga súmase ao servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatología. O servizo posúe "un dos equipos máis completos da sanidade privada en Galicia para a abordaxe de calquera patoloxía". O tratamento e recuperación de lesións de deportistas de alto rendemento -en Pontevedra está o centro de alto rendemento da Xunta- é unha das súas especialidades do centro.
O doutor Baena é especialista en artroscopia de xeonllo e ombreiro,e no tratamento ecoguiado. A doutora Francisca González Roncero é a coordinadora do Servizo, no que participan tamén os traumatólogos Alberto Domínguez Vaz, José Antonio González Osorio, José Manuel Feijoo, Ana Belén Domínguez, José Manuel Barragáns, José María Costas e Juan José García Cota.
O outro fichaxe é Marta Torres Sánchez, médico especialista en pneumoloxía que realizou estancias formativas en Lyon, Barcelona e Valencia en ventilación pulmonar e técnicas respiratorias. Incorpórase ao equipo de Quirónsalud para reforzar o equipo de Pneumoloxía, que conta coa doutora Yolanda Otero como referente. A súa misión é dar resposta ás necesidades tanto dos pacientes do hospital como do Instituto de Neurorrehabilitación Quirónsalud.
Escribe o teu comentario