Resultados eleccións sindicais educación pública 2022: CIG logra o 45% dos delegados, Comisións 23% e ANPE 12%

A central nacionalista mellora a súa representación ao crecer de 60 a 67 delegados, o que supón máis do 45 por cento do total de delegados destes traballadores da Xunta de Galicia.


|

Os resultados, que aínda son provisionais,  mostran tamén o avance da CIG, que xa gañara os anteriores comicios, e da Federación de Educación CCOO de Galicia.  

 

Comisións segue de líder na provincia de Ourense, con dez delegados (dous máis que hai catro anos).

 

ANPE repite como terceira en "unhas eleccións comlicadas". Esta central chama á unión sindical e a traballar xuntos máis aló das diferenzas.

 

O STEG destaca a "complexidade" da situación e destaca que mantén representantes en todas as provincias. Mostra o seu compromiso en defensa da escola pública, feminismo, laicismo e independencia de calquera interese que non sexa o dos traballadores

 

 

 

 

Gru00e1fico resultado elecciones sindicales

 

 

A Confederación Intersindical Galega - Ensino (#CIG) conseguiu 67 dos 146 delegados elixidos nas eleccións sindicais celebradas entre o persoal docente dos centros públicos non universitarios de Galicia, o que a sitúa como o sindicato con maior representación neste ámbito. Así, está seguida por Comisións Obreiras (CC.OO) con 34 representantes e o sindicato independente ANPE con 28.

As eleccións para elixir aos delegados sindicais que defenderán os intereses de todo o persoal educativo e os do ensino público nos próximos catro anos celebráronse este xoves. Nelas estaban chamados a participar 33.000 docentes, segundo sinalou a CIG nun comunicado.

Por provincias, A Coruña conta cun total de 47 delegados sindicais, dos que 26 pertencen a CIG-Ensino, 12 a CC.OO, seis a ANPE e tres ao Sindicato de Traballadores do Ensino Galego (STEG).

Ademais, a CIG-Ensino tamén se sitúa ao a cabeza en Pontevedra con 22 dos 34 representantes provinciais, seguida por CC.OO con nove e Unión Xeral de Traballadores (#UXT) con catro. Os sindicatos ANPE e STEG contan con tres representantes cada un e a Central Sindical Independente e de Funcionarios (#CSIF) cun.

As listas lucense están de novo encabezadas por CIG-Ensino, que aglutina 11 dos 29 delegados sindicais da provincia. Deste xeito, está seguida por ANPE con seis representantes e CSIF con catro, mentres que CC.OO e STEG contan con tres e UXT con dous delegados.

Doutra banda, en Ourense houbo discrepancias en tres mesas electorais, o que atrasou a publicación dos datos definitivos. É CC.OO quen ten o maior número de representantes, cun total de 10. Así, a CIG-Ensino conta con oito delegados sindicais, seguido de UXT e ANPE, con tres cada unha delas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE