Catorce ingresados por Covid en 24h fan subir a presión hospitalaria a poucos días de alcanzar o pico de girpe

A principios de mes o SERGAS datou para finais de novembro ou principios de decembro o pico da onda de gripe. O aumento das infeccións respiratorias provocou o colapso dalgúns centros de saúde e hospitais, especialmente nas urxencias pediátricas. Os hospitais contan con marxe de manobra, pero deben capear o temporal coa gripe e a Covid-19 golpeando á vez.

 


|

A principios de mes o SERGAS datou para finais de novembro ou principios de decembro o pico da onda de gripe. O aumento das infeccións respiratorias provocou o colapso dalgúns centros de saúde e hospitais, especialmente nas urxencias pediátricas. Os hospitais contan con marxe de manobra, pero deben capear o temporal coa gripe e a Covid-19 golpeando á vez.

 

Se atendemos só ás cifras que deixa o coronavirus na comunidade, a situación empeorou sensiblemente no último día. Desde onte notificáronse catorce ingresos en planta de enfermos de Covid-19, o que provoca que este mércores haxa 188 ingresados en planta. A isto hai que agregar o tres pacientes que se atopan na UCI, tres máis que o martes.

 

Nesta xornada atopamos tamén unha subida dos casos activos, rompendo a serie de catro días de descenso que acumulaba a comunidade. Con todo, apenas son 18 os casos que sumamos desde onte despois de detectar 128 contagios. O número de casos activos en Galicia neste momento é de 1.616.

 

 

O número de pacientes hospitalizados con covid en Galicia aumentou en 17 nas últimas 24 horas, nas que se detectaron 128 novos casos que elevan o total de persoas con enfermidade activa a 1.616.

O último balance ofrecido pola Consellería de Sanidade, con datos solicitados até as 18,00 horas do martes, arroxa que o total de pacientes ingresados vulve a estar por encima dos 200, ao computar un global de 201, dos que 188 están en unidades convencionais e 13 en UCI, tres máis que o día anterior.

Máis da metade dos pacientes críticos están ingresados en hospitais da área sanitaria da Coruña-Cee, onde hai 49 persoas en planta e 7 en UCI, dúas máis que o día anterior.

Así, soben os hospitalizados con coronavirus en todas as áreas sanitarias salvo en Pontevedra --18 (-1)-- e Santiago --26 (-5)--. No resto, as maiores variacións prodúcense en Ourense --38 (+6)-- e Vigo --26 (+6)--. En Lugo aumentan en dous até os 22 ingresados e en Ferrol en tres até os 14.
 


En relación aos casos activos por áreas sanitarias, Ourense segue un día máis como o distrito con maior volume con 403 (+1), seguida pola Coruña-Cee con 267 (+1) e Vigo con 258 (+13). Tamén soben lixeiramente en Lugo até os 229 (+8), mentres baixan en Santiago --217 (-3)-- e Pontevedra --116 (-3)--. Pola súa banda, en Ferrol mantéñense os activos en 126.

Este mércores, a Consellería de Sanidade non notificou novos falecementos asociados á pandemia. Até a data, son 3.965 as mortes vinculadas ao covid.
 


Ademais, o número de dose da vacina contra o coronavirus ascenden xa a 7.476.709.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE