Traballadores de Inditex de mobilizan na Coruña por unhas condicións laborais e salariais dignas

A #CIG afirmou que Inditex négase "rotundamente" a concederlles ningún dos beneficios que piden


|

22 11 06 ManifestacionTraballadorasTendasInditex 11
Traballadoras de Inditex esta mañá na manifestación na Coruña / Foto: #CIG

Ao redor de mil traballadores das tendas de Inditex na provincia da Coruña manifestáronse esta mañá na cidade herculina para esixir condicións salariais e laborais diganas.

 

Na marcha, que saíu desde a praza de Lugo e terminou na zona da dársena, os manifestantes evidenciaron que "xa están fartos de aguantar uns salarios de miseria, que levan anos conxelados ou que mesmo foron a menos porque se reduciron as comisións".

 

Os traballadores denunciaron que son "as caras visibles de Inditex, pero os beneficios repártense con moita máis xenerosidade noutras empresas do grupo".

 

"Na provincia na que está a sede da maior multinacional do téxtil e onde reside o seu principal accionista, as traballadoras das tendas temos serios problemas para chegar a fin de mes", denuncian os manifestantes ante unha precariedade que, aseveran, "contrasta cos milmillonarios beneficios que os accionistas de Inditex repártense cada ano e dos que Amancio Ortega recibirá un total de 1.718 millóns de euros en 2022, só en concepto de dividendos".

 

 

SALARIOS MÁIS BAIXOS E SEN MELLORAS SOCIAIS

Fóra do ámbito "das estratosféricas retribucións que cobra a alta dirección e o persoal que traballa en Inditex , chama a anteción que aquelas empresas do grupo nas que se perciben os soldos máis elevados e nas que existen mellores condicións son aquelas que están máis masculinizadas", denunciaron.

 

A #CIG afirmou que Inditex négase "rotundamente" a concederlles ningún dos beneficios que piden, con escúsaas de que "tería que aplicarlle estas melloras a todos o persoal". "Para a multinacional, o beneficio está por encima de calquera dereito", critican os traballadores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE