Pacientes e usuarios do CHUS denuncian un novo colapso nas urxencias

Afirman que na xornada do venres había tres pacientes en observación do servizo de urxencias do CHUS esperando por unha cama hospitalaria desde facía dous días


|

Pacientes aparcados en los pasillos del hospital CHUS de Santiago el 4 de julio
Arquivo - Pacientes aparcados nos corredores do hospital CHUS de Santiago o pasado 4 de xullo

A Asoación de Pacientes e Usuarios do CHUS emitiu un novo comunicado lamentando un novo colapso nas urxencias do hospital compostelán. Aseguran que os servizos de urxencias "están instalados nunha situación permanente de colapso, son pacientes aparcados nos corredores de acceso en padiolas e cadeira de rodas ou almacenados na sala de observación esperando por unha cama en planta".

 

A Asociación, segundo informan no comunicado, tivo coñecemento de que na xornada de onte, 21 de outubro, ás 15:00 horas, "9 pacientes cualificados como graves estaban aparcados nos corredores de acceso ao servizo padecendo vulneración do seu dereito á intimidade e dignidade". Había tamén, aseguran, 33 pacientes pendentes de ingreso, dos cales 3 levan desde o día 19 na sala de observación esperando por unha cama hospitalaria.

 

No seu comunicado, os pacientes do CHUS informan da precoupación que lles xera o estado de desconfianza na poboación que xera a normalización do colapso das urxencias. Isto, afirman, obriga a moitos a ter que recorrer á sanidade privadad, "procuciendo a deslegitimización do sistema público de saúde, que redunda nun proceso de demolición programado".

 

Así mesmo, denunciaron que non existe compromiso co sistema público de saúde. De ser así, aseguran, a situación xa crearía renuncias, dimisións e medidas paliativas. Desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS teñen a convicción de que "non só existen graves problemas estruturais e de definición do modelo sanitario, senón que tamén hai unha manifesta incapacidade ética e profesional por parte dos responsables sanitarios para xestionalo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE