A CUT tacha de amarelo ao SIT de Stellantis, que acusa aos demais sindicatos de "autodestructivos".

Hoxe termina a campaña das eleccións sindicais de Stellantis Vigo e está a aumentar a tensión con acusacións cruzadas. Mañá e pasado serán os días nos que o persoal da factoría decidirá en quen depositará a confianza da xestión do Comité da maior empresa de Galicia para o próximos catro anos.

 


|

Arquivo - Planta de Stellantis en Vigo.
Arquivo - Planta de Stellantis en Vigo.

O Sindicato de Traballadores Independentes (SIT) acusou na súa campaña ao resto dos sindicatos de ser “autodestructivos” e denunciou que “se canibalizan sen piedade entre eles nunha interminable loita de egos e poderes internos”. Instou aos traballadores para renovar a gran maioría do SIT “conducida por un equipo de compañeiros unidos, baixo os mesmos obxectivos, co fin de traballar pola mellor constante das condicións sociolaborais dos traballadores”. Argumentaron que teñen un “compromiso firme de atender ás necesidades individuais e colectivas dos traballadores”.

 

SIT cargou especialmente contra a CUT ou as súas peticións. “Como non consegue ningunha, a continuación toca fotito paseando a pancarta, declaracións á prensa amiga para coller notoriedade e denuncia no xulgado”.

 

Pola súa banda, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) respondeu a estas acusacións, indicando que SIT, a quen chamou ‘sindicato amarelo’ acúsalles “de querer mellorar as condicións das persoas traballadoras”. Na súa campaña pediu aos traballadores que “non voten a quen lles permita tanto abuso”.

 

Nun comunicado, a CUT acusou a SIT de tentar soamente “mellorar as súas propias condicións” e de que “non teñen logros para o conxunto do persoal que vender tras estes catro anos de xestión na súa maioría”. Pedindo o seu voto na campaña lembraron, así mesmo, que “as campañas fascistas do medo non van calar a súa voz”.

 

Comisións Obreiras (CC.OO.) tamén reaccionou ante as acusacións do sindicato independente, denunciando que están medorentos de que “un sindicato coherente e con argumentos consiga abrir os ollos dos que aínda cren en eles”.

 

CUT e CC.OO. denunciaron tamén ser obxecto de memes por parte do grupo sindical da oposición. “Poderán facer memes, vídeos fake sobre a CUT eles e os outros que os acompañaron estes anos protagonizando os recortes de dereitos sociais, salarios, pluses, etc.”, denunciou a CUT. Pola súa banda, CC.OO. ha justicado o “medo” de CUT como única razón para ser “o branco de todos os memes e vídeos que chegan aos vosos móbiles”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE