Madrid celebra o desfile militar da Festa Nacional de España máis grande desde antes da pandemia

O desfile conta coa presenza de máis de 4.000 militares, ademais doutras forzas de seguridade do Estado, a familia real e varios presidentes autonómicos


|

Desfile 12Ou
Madrid celebra o maior desfile militar da Festa Nacional desde a Pandemia / Foto: RTVE

Madrid acolle durante esta xornada os actos da Festa Nacional de España, que se celebrará, como é habitual, no Paseo da Castelá. Trátase do maior desfile militar desde antes da pandemia. Neste desfile participarán efectivos das Forzas Armadas e de todos os corpos e forzas de seguridade do Estado. En total contará coa presenza de máis de 4.000 militares.

 

Este desfile conta coa participación de unidades terrestres e aéreas do Exército de Terra, Armada e Exército de Aire, ademais de efectivos da Garda Civil, a Unidade Militar de Emerxencias, a Garda Real, diversas forzas de seguridade do Estado e organismo de Seguridade, Protección Civil e Emerxencias.

 

Os actos deron comezo ás 10:50 horas na praza de Lima, coa chegada dos monarcas, Felipe e Letizia e a infanta Sofía. Por segundo ano consecutivo, estará ausente a princesa de Asturias, Leonor, por atoparse en Gales estudando. O desfile contará tamén coa presenza dos presidentes autonómicos, fóra dos de Cataluña e Euskadi, que se ausentaron, como fixeron cada ano.

 

Tamén no desfile estivo ausente Carlos Lesmes, tras a súa dimisión como presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, oficializadas o luns e publicada hoxe no BOE. Así mesmo, parte dos vogais do CGPJ rexeitaron tamén ir ao desfile, xa que, afirman, non se lles enviou a tempo a notificación por parte do Goberno, cousa que este último negou.

 

O desfile recuperou todo o seu esplendor despois das restricións derivadas da situación de pandemia dos últimos anos. En 2020 non se celebrou e en 2021 tivo a presentacia de tan só 2.700 militares, aproximadamente a metade dos que participan este ano.

 

APUPOS Ao PRESIDENTE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, foi apupado á súa chegada aos actos e na súa finalización. Cando o xefe do Executivo Estatal chegou no seu coche oficial, fixera esperar case un minuto a Felipe VI. Os asistentes ao desfile pedían con estes apupos e pitos a dimisión do Goberno e acusaban os seus membros de covardes.

 

Unha vez temrinado o desfile, continuaron os insultos a Sánchez. Felipe VI, con todo, foi vitoreado durante todo o percorrido en vehículo polo Paseo da Castelá.

 

Ao remate dos actos, Sánchez restou importancia á súa atraso de 52 segundos. Facendo referencia á hora en que saíu do Palacio da Moncloa, declara: "Eu saín a menos cuarto, como me dixeron".

 

RECEPCIÓN REAL

Hoxe recuperouse de novo a tradición de recepción no Palacio Real por parte de Letizia e Felipe. Este ano foron convidadas 2.500 persoas, cinco veces máis que o ano pasado, que se limitou a 500. Ademais este ano na recepción real estiveron ausentes as máscaras e púidose servir un cóctel.

 

O saúdo foi encabezado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, os membros do Goberno e os representantes dos poderes do Estado, seguidos do resto de invitados, que foron saudados un a un no Salón do Trono.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE