BNG pide á Xunta que rectifique e vacine aos maiores de 80 nos centros de saúde

Ana Pontón denunciou que non hai "ningunha xustificación" para obrigar ás persoas maiores de 80 anos a desprazarse aos vacunódromos


|

A líder do BNG, Ana Pontón, nun Consello Nacional da formación frenstista
Arquivo - Ana Pontón pide á Xunta reciticar e vacinar aos maiores nos centros de saúde

A líder do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, instou ao Partido Popular e á Xunta de Galicia a que "rectifiquen" e continúen a vacinación masiva da cuarta dose da vacina do Covid a maiores de 80 anos nos centros de saúde, como veu facendo ata o de agora.

 

Pontón reclamaba a Rueda que "rectifique de inmediato", xa que non existe "ningunha xustificación racional para obrigar a persoas maiores, de máis de 80 anos, moitas con problemas reais de mobilidade, a ter que desprazarse en moitos a casos a unha hora ou hora e media do seu lugar de residencia".

 

Asegurou que en moitos casos en persoas maiores isto supón unha "inquietude", porque "non entenden a razón deste cambio" no acceso a unha cuarta dose, afirma a líder nacionalista, "tan necesaria neste momento".

 

Puxo o exemplo dunha denuncia recibida no BNG. "A Ramona, que vive no municipio de Rodeiro, lévalle máis dunha hora chegar ao Gaiás e cítana ás 8 da tarde. Alguén cre que este é o trato que ten que recibir unha persoa de 99 anos?", denunciou Pontón.

 

Pon máis exemplos: o municipio de A Fonsagrada, que, lembra, non ten transporte público, "e están a citar ás persoas para acudiar ao HULA". Se unha persoa maior non dispón de vehículo propio, isto supón, asevera a parlamentaria, "como mínimo 100 euros para unha persoa pensionista". "E sabemos como son as pensións do noso país", lembrou.

 

Ana Pontón finalizou o seu discurso denunciando que, desde o BNG, consideran "inaceptable" o que a Xunta está a facer coa vacinación das persoas maiores. Solicitan, por tanto, "á Xunta e ao Partido Popular que rectifiquen e poñan por diante o benestar das persoas maiores".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE