A pandemia acelera en Galicia, pero as UCI dan un respiro cunha gran rebaixa de ingresados por Covid-19

En só 24 horas o SERGAS notifica un 66% de pacientes de Covid-19 ingresados menos nas Unidades de Coidados Intensivos. É unha caída importante, aínda que se traduce en que de nove enfermos de coronavirus en críticos pasamos a tres. Porcentualmente é un salto importante, sobre todo porque, aínda que os casos activos seguen crecendo e cada vez a maior ritmo, a sanidade galega aínda conta cunha importante marxe de manobra.

 


|

En só 24 horas o SERGAS notifica un 66% de pacientes de Covid-19 ingresados menos nas Unidades de Coidados Intensivos. É unha caída importante, aínda que se traduce en que de nove enfermos de coronavirus en críticos pasamos a tres. Porcentualmente é un salto importante, sobre todo porque, aínda que os casos activos seguen crecendo e cada vez a maior ritmo, a sanidade galega aínda conta cunha importante marxe de manobra. 

 

O repunte de casos activos vén dándose desde fai xa tres días, e como ocorreu a semana pasada parece que nos acompañará, polo menos, ata a fin de semana, momento no que, como veñen sendo habitual, haberá un importante aumento no capítulo das altas. Non sucede o mesmo nos hospitais, que felizmente non están a responder á subida de casos cun aumento de hospitalizados. 

 

 

A incidencia acumulada a sete días sobe hoxe case un punto, pasando aos 33 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a bisemanal repunta, pero tamén unhas décimas, apenas un 0,3, polo que escala ata os 60 casos por cada 100.000 habitantes.

 

O dobre da incidencia a 7 días é un pouco máis baixo que a incidencia a 14 días. A razón de taxas é de 1,11  -sobe un 0,2 en 24 horas-, por tanto na última semana houbo un 11% de positivos máis que na penúltima. Atópase, como o martes, no valor máis alto desde o 26 de agosto.
 

 

A taxa de positividade tamén sofre hoxe un salto importante se o comparamos co ocorrido onte, xa que pasamos dun discreto 7,9% a rozar o 20%. Hoxe son 141 os novos positivos notificados, tres máis se o comparamos cos datos de onte. A positividade media, o dato máis relevante neste sentido, sobe ata o 13,53%.

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O umento de hoxe é de tan só 87 casos activos máis; significa máis do dobre dos notificados onte e tradúcese en que, nas últimas 72 horas, hai 127 casos activos máis. O aumento porcentual de hoxe é do 6,39%, o máis alto en seis días.

 

O indicador que máis nos importa nestes momentos, a media móbil a 7 días, segue en fase negativa, pero hoxe, despois do lixeiro bajón de onte, volve subir, aínda que tamén se trata dunha subida pouco significativa, pasando do 1,31% ao 1,37%. Neste contexto, os casos activos seguirán subindo nos próximos días. 

 

 

DATOS POR ÁREAS

Para sorprersa de todos, Ourense abandona hoxe o podio de contagios. A área auriense é, de feito, da que menos notifica, con trece. Só Ferrol, a máis pequena de todas as áreas sanitarias, achega uns algarismos máis baixos, con só sete novos positivos. 

 

O primeiro posto hoxe é para Santiago, que notifica 27 contagios, polos 25 que aducen Lugo e A Coruña. Vigo, con 23, e Pontevedra, con 21, completan a listaxe. A pesar de todo, coas subidas rexistradas na área ourensa, é a termal a que segue á cabeza no referido ao total de casos activos.  

 

CAMBIOS DE MÉTODO  

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • Os datos comezan a axustarse aos prognósticos esperados, salvo no capítulo de hospitalizados. Esta é a mellor noticia que podiamos dar, xa que aínda que a pandemia parece estar nunha fase de crecemento -baixo e sostido, por fortuna-, a realidade é que os hospitais están a aguantar con fortaleza. 
  • Podería esperarse unha subida de ingresados, pero isto non se deu polo momento. É máis, hai un descenso de seis camas de UCI baleiras en 24 horas, polo que pasamos de nove ingresados a só tres. En cambio, o número de camas ocupadas en planta pasa de 107 a 110, condicionado, talvez, pola baixada nas UCI. A cuarta dose, que se empezará a fornecer a semana que vén, será clave para evitar esta circunstancia.

 

 

  • Pola outra banda, a media de decesos establécese en pouco menos dun falecido ao día nestes momentos. Nesta ocasión o SERGAS confirma unha morte máis á lista. En total son 3.905 vítimas oficiais segundo as contas da Xunta desde o estalido da crise sanitaria.
  • Con todo, os niveis de transmisión son apreciables, como proba que xamais conseguísemos baixar dos 100 hospitalizados en planta por covid, aínda que nestes momentos estamos preto. Con todo, nada teñen que ver coas masivas ondas de primavera e principio de verán, que provocaron momentos de máis de 900 hospitalizados por covid.
  • Que podemos esperar dos próximos días? Que prosigan os lixeiros vaivéns na transmisión con lixeira tendencia á alza. Un modesto crecemento que seguirá sendo visible na presión hospitalaria e na curva de falecidos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE