As últimas estimacións achegan ao furacán Danielle a Galicia

Aínda que as posibilidades de que alcance a costa galega seguen sendo baixas, Danielle provocará fortes ventos en toda a comunidade


|

Danielle
Aumentan as posibilidades de que o furacán Danielle alcance o norte peninsular / Foto: School of Meterology at OU

As posibilidades de que o furacán Danielle entre na comunidade galega víronse incrementadas nas últimas horas. Segundo as últimas estimacións, o roteiro máis probable que siga o furacán levarao ata a costa sur do Reino Unido e ao norte de Francia. Con todo, cada vez está máis presente a posibilidade de que chegue ao norte da Península Ibérica, afectando a Galicia e a todo o tercino norte peninsular.

 

Actualmente, atópase no océano Atlántico, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Trátase dun furacán de categoría 1, con refachos de vento que esta mañá alcanzaban os 150 km/h, e que se atopa máis ao norte do habitual debido ás altas temperaturas deste verán. As últimas estimacións realizadas polo Centro Europeo de Predición de Prazo Medio apuntan a que a circulación global da atmosfera absorberá o furacán nas próximas xornadas "para pasar a ser unha pequena e débil borrasca".

 

Aínda que a posibilidade de que alcance a costa galega, a pesar de que se incrementou, segue sendo baixa, Danielle provocará moi posiblemente unha situación típica de borrasca. Isto implicará un mal estado da mar, que impedirá realizar con normalidade actividades de navegación ou pesca na costa atlántica.

 

CANCELADO O BARBEIRA SEASON FEST

Ante esta complicada situación meteorolóxica, a organización do festival Barbeira Season Fest decidiu cancelar a xornada deste domingo debido aos fortes refachos de vento que provocará o furacán Danielle, segundo as predicións meteorolóxicas.

 

O director do festival, Isaac González, explicaba nun comunicado que, ante esta ameaza, "está por encima de todo a seguridade do público, dos artistas, de todo o equipo humano que traballa na cuarta edición e, ao estar o recinto emprazado no centro de Baiona, dos propios veciños".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE