Aprobarías a oposición a conserxe en Cangas? "Cal é a lingua propia de Galicia: náuhatl, arameo ou galego?"

As curiosas respostas da oferta pública de emprego de Cangas non deixou a ninguén indiferente.


|

Fotonoticia 20240404105601 1690
Foto: EP

 

Alfonso Rueda decide o tempo de cocción do polbo durante a feira do Carballiño? Están os homes obrigados a recibir clases de baile antes das festas? É Galicia unha aldea gala? Ten Cangas pistas de esquí ou de hockey sobre xeo? Obrigar a un home a vestir de toureiro é o que entendemos como "discriminación directa"? Si coñece as respostas a estas preguntas está un pouco máis preto de ser apto para exercer de conserxe en Cangas. Polo menos, así o di en exame de oposición para este posto no municipio cangués, cuxas preguntas e respostas non deixaron indiferente a case ninguén. 

 

CURIOSAS RESPOSTAS

En total hai 35 preguntas con catro posibles respostas a marcar da Á o D. No documento atopamos preguntas de cultura xeral, da titularidade dalgunhas infraestruturas ou do que din ou non din leis relacionadas co emprego público. Si bein algunhas preguntas poden resultar curiosas, case o máis rechamante son algunhas das respostas que ofrece como opción o cuestionario. 

 

Respuestas examen cangas
Respostas exame cangas

 

O náhuatl, "ou o tupi guarani", pero só no caos concreto do Grove é, xunto ao arameo, unha das respostas á pregunta de cal é a lingua propia de Galicia. Outra alternativa é que corresponde ás forzas de seguridade do Estado discernir cal é a lingua propia da comunidade galega. Este é o nivel de dificultade que atopamos ao longo de todo o curioso cuestionario. 
 

Así, resulta sinxelo recoñecer a resposta correcta cando algunhas opcións son "prohibir ás mulleres usar o transporte público", "Galicia sitúase no mesmo fuso horario que Portugal", "as mulleres non poden traballar tras o anoitecer" ou "só permítese traballar en paradores nacionais". Con estas respostas, desde Cangas forzas políticas como o PP censuraron a proba, considerando que o Concello "non sabe nin facer un exame".  

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE