Prisión provisional para o mozo detido este venres en Cambados por agredir a dúas persoas
Unha das persoas resultou ferida leve e a outra foi derivada a un centro hospitalario
A maxistrada do Tribunal de Instancia de Cambados praza 3, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do detido este venres na Festa do Albariño de Cambados
tras agredir a dúas persoas.
Trátase dun mozo de 22 anos que está investigado por lesións agravadas, tal e como explicaron fontes xudiciais.
Doutra banda, segundo relataron fontes coñecedoras do caso a Europa Press, o presunto agresor utilizou unha arma branca para ferir a unha das persoas e un cristal para agredir á outra vítima.
Unha das persoas resultou ferida leve e a outra foi derivada a un centro hospitalario.
Escribe o teu comentario