Suspenden o operativo de procura dunha embarcación en Sanxenxo polo mal tempo
Tras un resultado negativo, durante a mañá deste sábado volveuse a retomar o operativo que tivo que ser cancelado debido ás inclemencias meteorolóxicas
O mal tempo obrigou a suspender o operativo de procura dunha embarcación fronte á costa de Sanxenxo, na ría de Pontevedra que se atopa en alerta laranxa por temporal costeiro.
O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso sobre as 20.30 horas do venres cando varios particulares alertaron de que unha pequena embarcación botaba moito fume, preto da praia de Silgar.
Por mor de aí, comezaron un operativo no que participou Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Salvamento Marítimo e o Real Club Náutico de Sanxenxo.
Tras un resultado negativo, durante a mañá deste sábado volveuse a retomar o operativo que tivo que ser cancelado debido ás inclemencias meteorolóxicas.
Escribe o teu comentario