Accidente laboral en Ribadumia: morre un operario atrapado nunha máquina dunha fábrica de conservas
Os feitos ocorreron ao redor das 13:10 hora cando se avisou ao 112 de que un traballador estaba atrapado nun transelevador.
Un traballador morreu no mediodía deste venres en Ribadumia (Pontevedra) ao quedar atrapado nunha máquina dunha fábrica de conservas.
Segundo informa o 112 Galicia, eran as 13.10 horas cando chamaba unha persoa para solicitar asistencia sanitaria urxente para un traballador que estaba atrapado nun transelevador.
Seguidamente, os equipos de emerxencias presentáronse no lugar pero, a pesar dos esforzos, só puideron confirmar o falecemento do traballador. Os Bombeiros encargáronse das tarefas para liberar o corpo.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os bombeiros e os voluntarios de Protección Civil de Ribadumia.
Escribe o teu comentario