O acusado pola explosión da pirotécnica en Tui aceptará catro anos de cárcere na súa comparecencia este xoves

No seu escrito de conclusións provisionais, a Fiscalía considérao autor dun delito imprudente de estragos, dous delitos de homicidio por imprudencia e 28 delitos de lesións, e tres delitos de risco


|

PIROTu00c9CNICA DE TUI
PIROTu00c9CNICA DE TUI


 

O home acusado de dous delitos de homicidio imprudente, e dos delitos de estragos imprudentes e risco, pola explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico en Tui, Francisco G.L., sentará este xoves no banco da sección segunda da Audiencia de Pontevedra, aínda que hai meses que as partes chegaron a un acordo e o procesado aceptará unha pena de 4 anos de cárcere, fronte aos 14 anos que a Fiscalía pediu no seu escrito de conclusións provisionais.

O sinistro ocorreu na tarde do 23 de maio de 2018, cando se produciu unha gran explosión nun local do barrio tudense de Paramos, onde o acusado almacenaba de forma irregular "non menos" de 2.500 quilos de material pirotécnico.

A explosión arrasou a zona e provocou o falecemento dun matrimonio de orixe marroquí, que deixou dous fillos orfos. Ademais, case 40 persoas tiveron lesións, rexistráronse danos en máis de 400 vivendas e inmobles, en 83 vehículos e diversos servizos municipais (que o Concello fixou en máis de 720.000 euros pola reposición deses servizos).

O responsable do almacén clandestino, titular da pirotecnia La Gallega --que posteriormente foi demolida por irregularidades urbanísticas--, foi detido por estes feitos e posto en liberdade como investigado polo xulgado de Tui.

Con todo, poucos días despois, nos rexistros realizados en varias das súas propiedades, a Garda Civil localizou outro tres 'zulos' ou almacéns, nos que Francisco G.L. fixera provisión de toneladas de material explosivo e pirotécnico, fóra de todo control e rexistro.

Por iso, foi detido por segunda vez e, tras comparecer ante o xulgado de novo, decretouse o seu ingreso en prisión provisional. O investigado estivo privado de liberdade desde o 29 de maio de 2018 até o 11 de marzo de 2019.

DELITOS E ACORDO
No seu escrito de conclusións provisionais, a Fiscalía considérao autor dun delito imprudente de estragos, dous delitos de homicidio por imprudencia e 28 delitos de lesións, e tres delitos de risco. Por estes feitos pediu inicialmente penas que suman 14 anos de cárcere, pero en abril pasado chegouse a un acordo e o procesado recoñecerá os feitos na vista deste xoves, e aceptará 4 anos de prisión.

Ademais da pena privativa de liberdade, o acordo inclúe a inhabilitación para oficio ou profesión relacionada coa actividade pirotécnica durante 18 anos, e unha medida de afastamento da 'zona cero' da explosión, de maneira que non poida achegar a menos dun quilómetro durante 6 anos.

Con respecto á responsabilidade civil, nin o acusado nin a aseguradora da empresa pirotécnica cuestionan as contías, aínda que deberán ser fixadas xudicialmente. A plataforma de afectados estima que os danos superan os 12 millóns de euros.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE