Declaran extinguido o incendio de Crecente despois de calcinar 267 hectáreas

Tamén está controlado desde o mediodía deste venres o lume rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, que queimou unhas 200 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés
 


|

Extinguido incendio crecente
Extinguido incendio crecente


 

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido pouco antes das 22,00 horas deste venres o incendio forestal iniciado na noite do mércores no municipio pontevedrés de Crecente e que afectou, segundo as últimas estimacións, a 267 hectáreas de terreo.

Tal e como lembrou a Xunta, a investigación in situ da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), dependente do Goberno galego, identificou intencionalidade neste lume.

Tamén está controlado desde o mediodía deste venres o lume rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, que queimou unhas 200 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.

Este incendio iniciouse o martes en Portugal e entrou en territorio galego ao redor das 17.00 horas do mércores, día 4. Nos labores de extinción participaron, até agora, seis técnicos, 33 axentes, 63 brigadas, 23 motobombas, catro pas, 10 helicópteros e 11 avións.

Finalmente, está extinguido o incendio forestal que afectaba desde a pasada noite ao municipio ourensán de Oímbra, e que queimou case 27 hectáreas.

Este lume puxo en risco durante a noite unha granxa con depósitos de combustible, polo que os efectivos se concentraron nesa zona. A alcaldesa, Ana Villarino, confirmou que a instalación se "salvou" e que tampouco houbo afectación a vivendas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE