Corte de tráfico en Noalla (Sanxenxo) tras levar un coche por diante un poste da luz
Un condutor resultou ferido despois de chocar coa súa furgoneta contra un poste da luz na localidade pontevedresa de Sanxenxo.
O accidente produciuse ás 13.40 horas deste luns na estrada EP-9208, ao seu paso pola parroquia de Noalla.
Segundo informaron fontes municipais, o condutor foi trasladado en ambulancia polos servizos sanitarios, aínda que nun principio non revestía gravidade.
Até o lugar desprazouse tamén persoal do Servizo de Emerxencias e Extinción de Incendios de Sanxenxo, así como axentes da Policía Local e da Garda Civil. A estrada permanece cortada á espera da empresa subministradora da luz.
Escribe o teu comentario