Accidente mortal en Ribadumia: morre o condutor dun tractor ao chocar contra un poste e caerlle encima unha viga

Os feitos ocorreron na tarde de onte mércores, ao redor das 18 horas, na parroquia de Besomaño.

 

 


|

Archivo - Imagen de un helicóptero medicalizado.
Foto: EP

 

Un home morreu na tarde deste mércores en Ribadumia (Pontevedra) ao caerlle encima unha das viguetas dunha viña mentres conducía un tractor.

Ocorreu na rúa Revolta, parroquia de Besomaño, pouco despois das 18.00 horas. Era un veciño quen chamaba ao 112 para alertar de que o implicado chocara co vehículo contra unha columna e que isto provocara que a viga se caese, aínda que varias persoas xa a conseguiron retirar.

Con estes datos, a central de emerxencia solicitou a intervención da Garda Civil, dos bombeiros do Salnés, de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias-061, que desprazou até o punto a un helicóptero medicalizado.

Os bombeiros ocupáronse de facilitar a liberación do home, do que os profesionais médicos só puideron confirmar o seu falecemento.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE