Máis de 200 feridos e ao redor de medio centenar de mortos no ataque ruso en territorio ucraíno

A cidade de Poltava aínda sofre as consecuencias do brutal ataque do ejéricto ruso, que lanzou dous mísiles balísticos sobre poboación civil. "Todos os servizos e recursos foron dispostos para as operacións de procura e rescate. Dou as grazas a todos os que axuden a salvar vidas", declarou o presidente ucraíno. 


|

Polo menos 49 persoas morreron e máis de 200 resultaron feridas polo impacto de dous mísiles balísticos rusos na cidade de Poltava, situada no leste de Ucraína, informou o portavoz do Ministerio de Defensa ucraíno, Dmitró Lazutkin.

 

Neste sentido, especificou que nestes momentos rexistráronse 219 feridos, unha cifra que podería aumentar dado que aínda hai desaparecidos e persoas atrapadas baixo os cascallos. Os labores de procura e rescate continúan na zona nun intento por atopar sobreviventes, mentres que as autoridades decretaron tres días de loito polas vítimas.

 

Previamente, o presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, indicou que os proxectís impactaron preto dun centro educativo e un hospital e expresou nunha breve mensaxe as súas condolencias á familia das vítimas e ordenou unha "investigación completa e rápida sobre o incidente.

 

Segue lendo a noticia en Catalunyapress .

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE