(VÍDEO) España recoñece ao Estado de Palestina a pesar das ameazas de Israel, que segue bombardeando civís en Rafah
Israel asegura que "faremos danos a quen nos faga dano" e que "os días da Inquisición acabáronse", afirmacións que van dirixidas ao Goberno de España, que liderou a loita en Europa polo recoñecemento unánime de Palestina e a aposta pola solución dos dous Estados. No medio deste conflito diplomático, segue a sangría en Rafah coa morte de decenas de civís palestinos.
"É unha decisión histórica cun obxectivo: que israelis e palestinos alcancen a paz", manifestou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no acto no que anunciou oficialmente o recoñecemento de Palestina.
Trátase dunha decisión que "non vai contra ninguén'', afirma Sánchez, e que resulta a única forma para avanzar cara a unha paz e seguridade" entre Israel e Palestina.
Escribe o teu comentario