A participación sobe en dous puntos ás 12 do mediodía en comparación con 2016

Ás 12 horas a participación electoral en Galicia era do 17.09%.


|

El director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, comparece ante los medios.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, comparece ante os medios.

 

O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, compareceu ás 12:30 cos datos de participación ás 12:00 deste domingo 18 de febreiro. 

 

Así, Villanueva sinalaba que ás 12 horas a participación era dun 17,09%, á mesma hora en 2020 a participación era dun 19'42%. Isto significa unha baixada dun 2.11% de participación en toda Galicia.

 

Na Coruña a participación está nun 16,68% fronte ao 18,79% de 2020, unha baixada do 2,11%. En Lugo contabilizábase unha participación do 17,71% fronte ao 18,20% das eleccións de 2020, unha baixada do 0,49%. En Ourense a participación estaba no 19,29% fronte ao 21,70% do 2020, unha caída do 2.41%. Pontevedra daba un resultado do 16,64% fronte ao 19,85% no ano 2020, a baixada é do 3.21%.

 

En comparación coas eleccións do 2016, os datos ás 12 horas eran dunha participación do 15.01%. Na Coruña participara o 14.7%, en Lugo o 15,20%, en Ourense o 18,24% e en Pontevedra o 14,21%.

 

O voto CERA dá un dato de participación do 6.15% do total de electores que suman 476.544 persoas. O total de votos recolleitos é de 29.300. Este voto recontarase a partir do 26 de febreiro.

 

 

 

 

 

Sobre a baixa participación a esta hora, Villaverde indicou que as valoracións as farán ao final da xornada electoral. O secretario xeral liga a participación á adaptación que fagan os votantes aos seus respectivos horarios. 

 

Durante o 2020 as restricións pola COVID habían decido a moita xente votar por correo. Á pregunta de si este feito ten algo que ver co sucedido en 2024. Villaverde respondeu que se debe esperar aos resultados finais. Por outra banda, sobre as incidencias, preguntado sobre o atraso nunha mesa de Beade que pode pechar 45 minutos máis tarde, Villanueva dixo non ter aínda información.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE