Rueda acusa ao PSOE de estar "centrado en protexer a corruptos á conta dos cidadáns"

Así o asegurou durante a súa intervención no xantar conmemorativo dos 30 anos de goberno do PP de Vilanova de Arousa con Gonzalo Durán á fronte


|

Ppdeg
 

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este domingo o "Estilo Galicia" de facer política, "#basear na xestión, na busca de solucións a problemas reais e no sentidiño", en contraposición a un PSOE ao que acusou de estar "en descomposición" e "centrado en protexer a corruptos á conta de abandonar á cidadanía".

Así o asegurou durante a súa intervención no xantar conmemorativo dos 30 anos de goberno do PP de Vilanova de Arousa con Gonzalo Durán á fronte, un acto no que estivo acompañado tamén pola secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López.

Unha intervención na que situou ao alcalde da vila como "referente" dese "Estilo Galicia" á hora de gobernar "con sentidiño, con corazón e sen liortas inútiles". Neste sentido, o alcalde foi reelixido por unanimidade como presidente local do PP de Vilanova de Arousa no 7º Congreso Local, que serviu tamén para conmemorar o trinta aniversario de Durán á fronte do Concello 

"Impulsamos un cambio en Vilanova e indiscutiblemente conseguimos levalo a cabo nestes trinta anos, pero o máis importante é o futuro porque é ilusión e, por iso, xa estamos envorcados no moito que queremos facer nos próximos trinta anos para que o noso concello sexa o sitio máis agradable para vivir", aseverou o rexedor.

Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, tamén destacou a Gonzalo Durán como "un líder referente e con experiencia avalado polo seu partido e apoiado polos seus veciños de maneira mayoritari" e animouno a "seguir mantendo o goberno forte e estable que os veciños e veciñas de Vilanova de Arousa merecen e necesitan".

Así mesmo, o presidente provincial do PP, Luís López, sinalou que "parece complicado lembrar Vilanova sen Gonzalo, porque non se entende un sen o outro" e asegurou que "aínda é máis difícil imaxinar que o futuro do municipio non pase polas mans deste gran alcalde".

"#INSOSTEIBLE CORRUPCIÓN"
Noutra orde de asuntos, Rueda aproveitou para referir á situación política nacional e, en concreto, denunciou a "#insosteible corrupción que arrasa ao PSOE e a Pedro Sánchez", aos que instou a "deixar de protexer a corruptos á conta de abandonar á cidadanía".

"O que España e Galicia necesitan é un Goberno de verdade, que traballe con seriedade, con cabeza alta e mans limpas", recolleu o PPdeG nunha nota de prensa.

Pola súa banda, o número dous dos populares galegos criticou que "os candidatos aos que votaron todos aqueles veciños que elixiron a papeleta do PSOE están a apoiar unha organización delituosa". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE