Estas son as cidades nas que os galegos senten máis seguros e nestas, máis ameazados

A insuficiente policía nacional na rúa explica porqué A Coruña é percibida como a urbe menos segura de Galicia, argumenta o principal sindicato do corpo de Galicia. O Concello ampliou o persoal da policía local e reclamado á Delegación do Goberno que faga o mesmo. 


|

A consultora SW Demoscopia publicou recentemente unha nova edición do seu Índice Municipal de Felicidade (IMF), que avalía a percepción da calidade de vida dos 100 municipios de España con máis poboación. Ademais de criterios obxectivos, como a cantidade de parques, ten en conta variables subxectivas, como a percepción de seguridade na cidade. 


 

Isto permítenos comprobar, por exemplo, que Cádiz (2), Fuengirola (4) e San Fernando (5) son os municipios cuxos habitantes se notan menos seguros, mentres que no extremo oposto estarían Pozuelo de Alarcón (96), Mijas (88) e Marbella (77). 

 

A nivel Galicia, os resultados son os seguintes:


 

Lugo é a cidade cos mellores datos de autopercepción de seguridade entre as urbes galegas. Algo que se explica, polo menos en parte, porque a policía nacional dedicada a patrullar as rúas está, en xeral, “contenta” coas súas condicións. 
 

O secretario xeral do SUP en Galicia, a central con máis peso no país, Roberto González indica que os policías lucenses a pé de rúa son suficientes para poder planificar quendas acordes ás súas necesidades. Algo que ao final, sinala, redunda na moraly así “poida estar máis dispoñible en certas épocas do ano onde hai máis non se prevé un maior volume de traballo como son as festas ou o Arde Lucus”.

 

Roberto González (#SUP) "o persoal da Policía Nacional na Coruña sofre falta de efectivos de seguridade cidadá, sobre todo nos servizos de 24 horas, que fai falta reforzar”

 

Do mesmo xeito, ver A Coruña coa peor percepción de seguridade de todas as urbes galegas é algo que non lle sorprende pois, di "o persoal da Policía Nacional na Coruña sofre falta de efectivos de seguridade cidadá, sobre todo nos servizos de 24 horas, que fai falta reforzar”. Roberto González insiste en que “fai falta máis dotacións na rúa, porque ao final a burocracia come a operatividade na rúa”.
 

Máis policías nacionais nas rúas da Coruña é algo que leva anos reclamando o SUP e tamén Inés Rey. A alcaldesa pediuno, por exemplo, hai un ano, tras o apuñalamento dun menor nun parque. Ademais, predicou co exemplo, co reforzo da Policía Local con máis axentes municipais. O municipio ademais sinala que “se traballa de forma coordinado entre a policía local e a nacional para ter máis presenza onde se detecta unha maior percepción de inseguridade”. 
 

Non hai noticia que a Delegación do Goberno, que é a administración responsable da seguridade cidadá, amplíe efectivos na Coruña a pesar da sucesión de delitos graves nos últimos anos. En 2021 foi presunto asasinato homóbo de Samuel Luiz e este nadal o apuñalamento mortal de Yoel Quispe este nadal e a morte dunha persoa con problemas mentais por disparos da policía tras atacar a un axente este inverno son outros exemplos. 


 

El cuerpo de Yoel Quispe tras ser apuu00f1alado en las calles de A Coruu00f1a
O corpo de Yoel Quispe tras ser apuñalado nas rúas da Coruña 

Ademais, A Coruña viviu nos últimos meses episodios que se poden cualificar de vixiantes. É dicir, cando os veciños asumen tarefas de seguridade, algo que a lei reserva exclusivamente ás forzas da orde.  Por exemplo,sucedeu en Monte Alto en febreiro en desaloxo forzado dun narcopiso.

 

Desde o SUP sinalan que os datos da enquisa na Coruña explícanse por varios factores, ademais da xa citada insuficiencia de policías nacionais nas rúas. Así, González apunta a que “na Coruña se produciu nos últimos anos un efecto chamada provocado polas medidas sociais que hai na en en esa cidade e iso desembocou pois en que a día de hoxe haxa moitos sen teito no día a día buscar a vida”. 

 

O SUP apunta a que como moitos dos furtos ou roubos violentos realizados por esas persoas ao final son reflectidos nos medios de comunicación, co que se crea a sensación de “inseguridade subxectiva” que detecta a enquisa.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE