Morre Ulpiano Villanueva, exdirector da Axencia Tributaria de Galicia, aos 53 anos
Como alto funcionario desempeñara importantes postos técnicos en consellerías como Pesca e o Consello de Contas, ademais de xefe de gabinete na consellería de Facenda.
Ulpiano L. Villanueva (Santiago de Compostela, 1971), interventor do Consello de Contas e exdirector da Axencia Tributaria de Galicia, faleceu este martes tras sufrir unha indisposición e caer na rúa hai dúas semanas.
Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais por Icade, foi funcionario pertencente á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia, subgrupo A1.
Ulpiano Villanueva Rodríguez (1971), era licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE (Universidade Pontificia de Comiñas). Ingresou no ano 2001 á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia, na Especialidade de Intervención e Inspección e Xestión Financeira e Tributaria.
Tiña o Diploma de experto en auditoría e contabilidade pola Universidade de Valencia, o Diploma de directivo e está inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Na súa traxectoria desempeñou, entre outros cargos, o de interventor delegado na Consellería de Pesca, subdirector xeral de Fiscalización e Control Interno, subdirector xeral de Control Orzamentario do Gasto, secretario xeral do Consello de Contas de Galicia e xefe de gabinete da Consellería de Facenda.
Ao longo da súa traxectoria tamén desempeñou diferentes postos na Intervención Xeral da administración autonómica galega (subdirector xeral de fiscalización e interventor delegado) e foi secretario xeral do Consello de Contas de Galicia e xefe de gabinete da Consellería de Facenda.
Escribe o teu comentario