Correos abre este sábado as oficinas de Galicia e o domingo nas principais cidades e Sanxenxo
Correos realizou 1.417 contratos en Galicia para estas eleccións
O dispositivo de Correos en Galicia suporá un esforzo de horario nos próximos días até o 20 de xullo, que se completa tamén coa formalización de 1.417 contratos de apoio en Galicia para as eleccións xerais do próximo 23 de xullo.
Desde o xoves reforzáronse así os horarios con maior amplitude de xornada. Concretamente, as oficinas que xa abrían desde as 8:30 ás 21:00, permanecerán agora operativas até as 22:00.
Así as cousas, este sábado abrirán case todas as oficinas da Comunidade galegas, un total de 150, en horario de 9:00 a 14:00. Hai que ter en conta que os despachos emprazados en lugares como centros comerciais, as cinco horas de apertura adaptaranse ao propio lugar.
Este domingo abrirán as oficinas principais na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. Adicionalmente, tamén o fará a do muncipio turístico de Sanxenxo, en horario de 9:00 a 14:00.
A estes reforzos hai que sumar que este venres, festivo local en Rianxo , abriu a oficina de 9 a 14 horas, mesmo horario que terán o vindeiro luns os seguintes concellos onde é festivo o 17: Arzúa, Camariñas, Ponteceso, As Pontes, Salceda de Caselas e O Grove.
A estes reforzos hai que sumar que este venres, festivo local no municipio coruñés de Rianxo, abriu a oficina de 9:00 a 14:00, o mesmo horario que terán o vindeiro luns os seguintes municipios onde é festivo o 17, como Arzúa, Camariñas, Ponteceso, As Pontes ou Salcedea de Caselas.
Escribe o teu comentario