Como evolucionou a intención de voto no sete grandes cidades galegas?

Na maior parte das cidades non se prevén cambios de alcaldes


|

Achégase dá vez máis a data dos próximos comicios municipais en Galicia e as enquisas mostran aínda resultados incertos. En tres das grandes cidades galegas non se prevén grandes cambios, aínda que noutras a alcaldía podería pasar a mans da oposición.

 

A Coruña

A pesar da evolución que presentan as enquisas que fan perder un edil ao #PSOE, prevese que Rei siga sendo a alcaldesa da ciudada herculina a partir do próximo 28 de maio. A evolución da intención de voto mantense bastante estable, pois nas enquisas do pasado mes de febreiro e nas de decembro non varía a disposición de concelleiras.

 

VIGO

Vigo tampouco cambiará o seu mapa político. Cabaleiro seguirá sendo alcalde con maioría absoluta e sen necesidade de pactos. Con todo, as dúas últimas enquisas danlle un concelleiro menos ao grupo municipal socialista, edil que é arrebatado polo #PP.

 

PONTEVEDRA

Lores mantivo os seus 11 escanos en todas as enquisas que se celebraron desde as pasadas eleccións até agora. Tampouco entre o #PP e o #PSOE parece haber moitos cambios, pois ambos se manteñen con 10 e 4 edís respectivamente. Desaparecería o grupo Cidadáns do pleno, onde tiña unha representación dun concelleiro.

 

LUGO

A pesar de que está rifado, en Lugo moi posiblemente siga gobernando Lara Méndez, cun pacto entre o #PSOE e o Bloque, como sucede na actual lexislatura.

 

Cidadáns desaparecería e o #PP gañaría algo de forza. Aínda que fluctúa o resultado dos populares entre unha enquisa e outra, en todas elas o seu número de concelleiros aumenta con respecto ás eleccións de 2019.

 

OURENSE

A situación de Ourense é das máis incertas dentro do panorama urbano galego. A pesar da súa minoría, Jácome volverá ter posibilidades de gobernar, aínda que iso depende do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

 

Os populares, quen poden ser os responsables de que Jácome repita ou non como alcalde, aumentaron a súa representación nas enquisas. Desde as anteriores eleccións ás enquisas de xaneiro de 2021 pasaron de 7 a 9 concelleiros, cifra na que se mantén por agora a intención de voto.

 

SANTIAGO

Segundo achégase a data das eleccións, o #PSOE parece perder cada vez máis votos nas enquisas. O #PP chegaría a ser a forza máis votada, aínda que iso non lle impida gobernar, pois o #BNG parece haber levado algúns dos votos dos socialistas, o que permitiría a Bugallo pactar con Compostela Aberta e co Bloque.

 

FERROL

O #PP seguirá sendo a lista máis votada en Ferrol, con moi pouca diferenza entre unhas enquisas e outras. Tan só gañaría o Partido Popular un concelleiro con respecto ás eleccións do 2019, que sería perdido polo #PSOE.

 

Pola súa banda, Ferrol en Común e o #BNG debátense un escano que as enquisas non deixan moi claro en quen recaerá, pero que non parece que faga cambiar o mapa político de Ferrol.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE