Rueda seguirá mantendo a maioría absoluta, segundo as encuentas

O PPdeG baixaría dous escanos con respecto aos resultados das eleccións de 2020, pero seguiría mantendo a maioría absoluta


|

Alfonso Rueda, durante una intervención tras el Consello de la Xunta.
Arquivo - Alfonso Rueda, durante unha intervención tras o Consello da Xunta.

Segundo os resultados das últimas enquisas, o PPdeG seguiría obstentando a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, cun total de 40 escanos, dous máis dos que necesita para gobernar en solitario. Así o publicou La Voz de Galicia, segundo os resultados da última enquisa de Sondaxe.

 

Trátase da segunda enquisa realizada desde que Alfonso Rueda encabeza o goberno autonómico, despois de que Núñez Feijóo deixase a Xunta de Galicia. Respecto da primeira enquisa, a intención de voto mudou, dando un escano máis aos populares. Resta, con todo, respresentación política ao Partido Socialista e outórgalle unha representación de dous escanos ao grupo de Podemos. O #BNG, pola súa banda, tamén automentaría a súa presenza no Parlamento, cun deputado máis, alcanzando así os 7.

 

En canto á valocación e recoñecemento dos líderes, está na cabeza Alfonso Rueda, cunha porcentaxe do 82,6% de notoriedade tan só cinco meses despois de chegar á Xunta. Ana Pontón ostenta o segundo posto, cun 79,9%. Na encuenta que publicaba Sondaxe en maio, a líder nacionalista superaba ao presidente da Xunta en case tres puntos de coñecemento. Valentín González Formoso, o líder do #PSdeG, ten tan só un 59,7% de notoriedade.

 

En canto á valoración dos tres líderes, Pontón e Rueda aproban empatados cun 5,4. Os enquisados destacaron do líder dos populares a súa honradez (5,5) e a súa capacidade de diálogo (5,4). No caso de Ana Pontón, a capidad de diálogo (5,6) e a honradez (5,7) destacaron como as súas calidades mellor valoradas, aínda que non máis que o seu defensa de Galicia (5,8), na que supera por 7 décimas ao líder da oposición (5,1).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE