O BNG esixe ao Goberno central manter as paradas de autobús no rural de Lugo

O BNG entregou a Néstor Rego, deputado estatal, as máis de mil asinas recollidas contra a redución de paradas de autobús


|

O BNG urxe unha rectificación por parte do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana no mapa de liñas de autobús para si manter as paradas na área rural de Lugo.

 

A formación nacionalista lucense entregou ao seu deputado no Congreso, Néstor Rego, as máis de mil asinas recollidas durante unha campaña contra a redución das paradas de autobús para que se lle traslade ao Ministerio.

 

Segundo explica a formación nacionalista, o mapa das línes de autobuses de competencia estatal presentado polo Ministerio de Transportes en abril supón menos parada e roteiros. Isto leva aos nacionalistas para solicitar a comparecencia da ministra no Congreso xa que, insisten, "de non rectificar a súa decisión, desaparecerán un total de 23 paradas en pobos e concellos de Galicia nos percorridos interautonómicos".

 

Concretamente, na provincia de Lugo os municipios afectados serían A Pontenova, Meira, Guitiriz, O Corgo, Baralla, As Nogais, Pedrafita, Palas de Rei, Monterroso, Chantada e Quiroga.

"O BNG seguirá reclamando ao Ministerio a reformulación da proposta e que priorice o mantemento de servizos de mobilidade como servizos públicos esenciais", remarcou o deputado do Bloque no Congreso.

 

Con todo, o BNG sinala que "o Goberno non parece ter intención de rectificar a súa postura" xa que nunha das súas respostas ás preguntas rexistradas polo BNG, o Goberno "continúa xustificando a supresión de paradas, alegando que primarán a demanda de viaxeiros entre as diferentes Comunidades autónomas, sen atender ás paradas intermedias".


"Manter estas paradas e liñas é especialmente importante no caso galego, sobre todo nas zonas rurais e de interior, debido a que é a única alternativa, en moitos casos, de transporte público", reivindicou o deputado nacionalista no Congreso, que incidiu en que a supresión prexudicará ás localidades.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE