Galicia necesita un Estatuto con máis autonomía, insiste un Formoso (PSdeG) que tende a man para reformalo

Os socialistas argumentan que a identidade propia de Galicia é de tal calibre que nos permite ter máis autogoberno. "A sensibilidade que podemos ter cun condutor da AP9 non se pode ter desde o Paseo da Castelá" argumenta o seu líder Valentín González Formoso.


|

Acto dos socialistas hoxe en Rianxo polo Du00eda Nacional de Galicia
Acto dos socialistas hoxe en Rianxo polo Du00eda Nacional de Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reiterou, neste Día Nacional de Galicia, reiterou aos demais partidos políticos a súa oferta para sentar a dialogar e reformar o Estatuto de Autonomía. "Galicia necesita máis ferramentas para poder xerar maiores oportunidades de futuro para o seu pobo", proclamou.

Formoso participou este 25 de xullo na tradicional ofrenda floral ante a estatua de Castelao en Rianxo (A Coruña). "Está encima da mesa para sentarnos a falar con total consenso e tranquilidade", manifestou Formoso, quen incidiu en que é "imprescindible reformar" o marco estatutario.
 

GALICIA ANTES QUE O seu PROPIO PARTIDO
Non en balde, lembrou que en 1981 non había "nin internet" nin estaba aprobado o divorcio, como exemplos da necesidade de actualizar o marco estatutario, máxime, despois de "13 anos" sen lograr "nin reclamar" ningunha competencia nova para Galicia.

Convencido de que hai cuestións que se decidirán mellor "desde San Caetano" que desde Madrid, Formoso enarborou o galeguismo da súa formación política para asegurar que o PSdeG defenderá a Galicia por diante do partido. "Nunca imos poñer o partido por diante de Galicia", salientou. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE