Un mapa interactivo permitirá aos afectados pola DANA e atrapados indicar o seu punto exacto ás autoridades
A ferramenta unha a mesma interfaz que Google Maps.
As catastróficas consecuencias que provocou o fenómeno da 'Pinga Fría' no levante español son aínda incalculables. Por agora o número de falecidos é unha incógnita e hai varios desaparecidos nestes momentos, onde os equipos de emerxencias tentan chegar até as persoas atrapadas nos seus domicilios e outros lugares.
Xusto neste punto, un usuario de Twitter, Alexandru Molina (@alexandrumolina), creou un mapa aberto para todas as persoas afectadas pola DANA e que se atopan en apertos. Alí poden indicar xusto onde están localizadas para que poidan ser asistidas.
As cifras que achega a Generalitat Valenciana son provisionais pero polo momento o número de falecidos pode superar o medio centenar, mentres que os desaparecidos se contan por decenas. Pedro Sánchez, de viaxe institucional na India, anuncia que se pon á fronte do comité de crise pola DANA, mentres que o Goberno de Valencia activou o teléfono 900 365 112 para a atención de familias de persoas en paradoiro descoñecido.
Escribe o teu comentario