O Bloque esixe a Podemos e PSOE que pacten xa unha reforma da lei do si é si

Por agora a maioría dos partidos que apoian á coalición de goberno tomaron postura en favor de Podemos, por exemplo ERC ou Bildu. Os nacionalistas galegos con todo, prefiren non mollarse polo momento, á espera dun acordo interno. Un pacto que non parece moi probable, vista a tensión reinante entre os ministerios.


|

A chamada 'lei do si en si' está a obrigar aos socios do goberno de esquerdas en España a tomar partido pola postura socialista ou a de Unidas Podemos. 

 

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) prefire por agora esquivar este dilema, apostando porque os membros do goberno cheguen a un pacto antes de que teñan que votar a proposta de reforma socialista no Pleno do Congreso dos deputados.

 

 

Néstor Rego no Congreso
Néstor Rego no Congreso

 

O único deputado nacionalista, Néstor Rego, declarou onte que apoian reformar o texto pero indica que non van tomar bando polo momento. Estas son as súas declaracións efectuadas o martes:

 

"Primeiro de todo, imos esperar a ver ou que sucede. Como digo, nós estamos a favor de revisar a Lei mais non estamos a favor desta proposta [a presentada polo PSOE]. O que cremos é que, antes de levala ao pleno do Congreso debe de haber un acordo entre as partes do Goberno do Estado porque, de non ser así, realmente preocuparíanos"

 

Con todo, a postura do Bloque podería ter que variar nos próximos días porque a estas alturas parece improbable un acordo interno.

 

Nesta crise, o PSOE xoga coa vantaxe de que o Partido Popular xa confirmou que apoiará a proposta de reforma socialista. En definitiva, Podemos ten dúas opcións: chegar a un pacto co PSOE ou resignaser a unha derrota parlamentaria.

 

Isto reforzará a percepción na opinión pública de que eles son os únicos responsables da norma que permitiu a redución de penas ou a escarcelación de centos de delincuentes sexuais en toda España.

 

Aínda onte, unha vítima de violación de Lugo alertaba que se atopa aterrorizada tras coñecer que o seu violador foi posto en liberdade ,ao ver reducida a súa pena grazas á lei promovida por Irene Montero.

 

En todo caso, hai que lembrar que xa nada evitará que outros delincuentes se beneficien de contrevertido cambio de tramos nas penas de cárcere. Calquera reforma servirá para aplicar un novo modelo a futuros criminais, pero os delincuentes condenados antes do próximo cambio seguirán tendo dereito a acoller ás penas da lei do si é si.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE