Un traballador ferido tras caer co seu camión por un barranco en San Cibrao das Viñas
Os servizos de emerxencias conseguiron acceder até a vítima, que presentaba un golpe importante na cabeza e foi trasladado ao hospital de referencia
Un traballador tivo que se trasladado tras caer por un barranco co seu camión nunha zona de obras no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu minutos antes das 01.00 horas deste sábado, na zona do túnel de Rante.
A central de emerxencias solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarios de Galicia-061, os Bombeiros de San Cibrao, o GES do Pereiro de Aguiar e da Garda Civil.
Os servizos de emerxencias conseguiron acceder até a vítima, que presentaba un golpe importante na cabeza e foi trasladado ao hospital de referencia.
Escribe o teu comentario