Pesar en Muíños pola morte do exalcalce, Rafael Pérez, tras precipitar desde un tellado
O exregidor, de 79 anos, faleceu a consecuencia da caída cando cedeu o tellado de uralita no que se atopaba.
Un home de 79 anos de idade morreu na tarde deste martes en Muíños (Ourense), ao caer ao solo desde un tellado de uralita que cedeu. Trátase de Rafael Pérez, ex alcalde da localidade en ños anos 80 e 90.
Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu no lugar de Laxal sobre as 15.00 horas, cando a central de emerxencias recibiu o aviso por parte de Urxencias Sanitarias-061 de que xa tiña un equipo en camiño.
Con todo, este servizo pedía a colaboración dos axentes da Garda Civil debido ás dificultades para determinar as causas do falecemento do home, que fora localizado pola súa muller sen vida e cun golpe na cabeza.
Ao intre, os axentes de seguridade confirmaron que o home caera do tellado dun alpendre lindeiro coa casa principal. Todo parece indicar que a uralita cedeu e precipitouse ao solo, segundo indica o 112.
Escribe o teu comentario