Galicia contén os seus incendios -estabilizados os da Gudiña e Laza, extinguido o de Arbo- mentres as chamas arrasan Portugal

O país veciño vive unha situación de emerxencia con tres mortos, casas destruídas polas chamas, numerosas estradas cortadas e 40 feridos nunha vaga de incendios que consumiu en dous días a mesma superficie que ardera durante todo o ano. Todo un aviso para o que, potencialmente, pode pasar en Galicia se se dan as condicións máis perigosas -moitos días de máis de trinta graos de temperatura, fortes ventos e pouca humidade-, aínda que por agora o traballo das brigadas foi suficiente para conter os grandes incendios deste verán relativamente rápido.


|

Incendio en A Gudiu00f1a en una foto de Brigada Helitransportada de Laza
Incendio na Gudiña nunha foto de Brigada Helitransportada de Laza


 

A Xunta dá por estabilizado, aínda sen controlar, o incendio no municipio da Gudiña (Ourense), parroquia de Pentes, despois de queimar 150 hectáreas.

 



Segundo a última actualización da Consellería do Medio Rural na mañá deste martes, o lume da Gudiña quedou estabilizado na medianoite entre o luns e o martes. Na extinción traballaron 10 helicópteros, oito avións, 20 brigadas, nove motobombas, oito axentes, catro pas e dous técnicos. Iniciouse ás 13,18 horas do pasado luns.


Por outra banda, o incendio rexistrado no concello de Arbo (Pontevedra), parroquia de Mourentán, quedou extinguido na noite do luns despois de calcinar 22,7 hectáreas --a maioría de monte arboledo e 1,8 hectáreas de raso--. Iniciouse na noite do domingo e nas tarefas participaron: dous helicópteros, 24 brigadas, 23 motobombas, sete axentes, dúas pas e tres técnicos.

Mentres, continúa estabilizado, aínda sen controlar, o lume no concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, o cal se iniciou na tarde do pasado domingo. Afecto a unhas 60 hectáreas. Mobilizáronse sete helicópteros, catro avións, 30 brigadas e 18 motobombas, entre outros medios.



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE