Unha bandeira arcoíris artesanal, primeiro símbolo do compromiso do Concello da Rúa co colectivo LGTBIQ

Por primeira vez na historia do municipio, unha bandeira do 'Orgullo' loce na balconada do Concello. Foron un grupo de mozos os responsables de "deseñala" e colocala. 


|

WhatsApp Image 2023 06 26 at 12.19.59
Foto: Xabier Pérez

 

En ocasións, pequenos xestos, aínda que improvisados, marcan a diferenza. Algúns, aínda que simbólicos, poden ser alento ou exemplo para moitas persoas e só decatámonos do seu alcance e transcendencia pasado o tempo, cunha maior perspectiva. Na Rúa, aínda que a algún poida parecerlle que non, este luns foi un día histórico, xa que por primeira vez o consistorio da localidade, a casa de todos os veciños, luciu unha bandeira arcoíris no seu balcón. Algo que hoxe é en grao sumo habitual en moitos Concellos, pero que na Rúa é un fito e todo un acontecemento, en vésperas do I Pride de Valdeorras, que se celebrará este venres na Rúa e O Barco.

 

 

O máis curioso deste acontecemento é que na Rúa non parecían nin moito menos preparados para esta ocasión. Esta é a semana do Orgullo, xa que o 28 de xuño -o vindeiro mércores- celébrase o Día Mundial do Orgullo LGTBIQ. No entanto, no municipio ourensán, que até hoxe non reivindicara como merece esta data que pon en valor a loita do colectivo pola conquista de moitos dereitos fundamentais, non había a man unha bandeira coas seis cores. 

 

Foron dous membros da organización da festa do Orgullo en Valdeorras os que tiveron que inxeniársas para buscar unha solución. "Como era a primeira vez tivo que ser algo improvisada. Fixémola os organizadores a partir dunha saba vella", comenta Xabier, un dos responsables desta pequena conquista.

 

WhatsApp Image 2023 06 26 at 12.19.59 (1)
Foto: Xabier Pérez

 

"Isto é algo moi simbólico para o concello e non ten precedentes, xa que nunca se colgou unha bandeira do Orgullo no balcón do Concello", agrega. Así, e desde hoxe, a bandeira arcoíris adorna a balconada xunto ás bandeiras da Unión Europea, a de España e a de Galicia. Unha bandeira con todas as súas cores, pequena e modesta, pero colocada con moito orgullo. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE