A Xunta confirma que substituíu ao médico da Gudiña estaba borracho

O que non está claro aínda é se a Xunta tiña constancia oficial doutras queixas por parte dos pacientes. Hai que ter en conta que o alcalde declarou que xa houbo problemas anteriormente.


|

Centro de Saúde de A Gudiña en una foto de Google Street View
Centro de Saúde da Gudiña nunha foto de Google Street View

 

O estado de embriaguez do médico de garda na PAC da Gudiña (Ourense) en Noiteboa obrigou á súa substitución, segundo confirmou o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña. Tamén o ratificou a Europa Press o alcalde da Mezquita, Rafael Pérez.

"É así, unha vez que coñecemos a situación substituímolo de maneira inmediata e garantimos a atención aos pacientes desa zona", indicou o conselleiro en relación aos da Gudiña e A Mezquita. Neste sentido, agradeceu a "rapidez" coa que actuou á xerencia en relación ao caso dun profesional que se atopa xa de baixa laboral. O alcalde dixo que o médico se quixo pegar cun mozo nun bar.
 

CONATO DE PELEXA 
En declaracións a Europa Press, o alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, sinalou que veciños lle indicaron que de noite e en "evidente estado de embriaguez" protagonizou xa algún altercado nun bar.

Xa na xornada do 24 mantivo un enfrontamento co alcalde da Gudiña, José María Lago, dando aviso ambos os rexedores do sucedido á xerencia desta área sanitaria para que se procedese a designar un substituto.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE