Detidas seis persoas e incautados 82 quilos de cocaína nunha operación contra o narcotráfico en Ourense e Majadahonda
Das tres persoas detidas en Ourense, dúas entraron en prisión e unha está en liberdade con obrigación de compadecer cada 15 días
Un total de seis persoas foron detidas nunha operación contra o narcotráfico que se levou a cabo en Ourense e na localidade madrileña de Majadahonda. Nesta operación incautáronse, aproximadamente, 82 quilos de cocaína.
Segundo trasladaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en Ourense foron tres as persoas detidas. Dous delas ingresaron en prisión e unha quedou en liberdade coa obrigación de comparecer cada 15 días. As outras tres persoas foron detidas no municipio madrileño de Majadahonda.
Durante este operativo, denominado 'Operación Espita' e desenvolvido por axentes da Unidade de Droga e Crime Organizado, incautáronse tamén tres armas de fogo e máis de 90.000 euros en efectivo.
Ademais de todo, os axentes interviñeron tres vehículos, unha prensa e unha envasadora ao baleiro, así como outros tres efectos relacionados.
Escribe o teu comentario