A Deputación de Ourense busca unha "modelo, de recoñecido prestixio, con experiencia" e así o establece nun documento oficial

O documento, cos logos do organismo provincial, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Turismo, busca un perfil moi específico para protragonizar o vídeo promocional e ser "embaixadora de 'Ourense Termal'".

 


|

O documento, cos logos do organismo provincial, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Turismo, busca un perfil moi específico para protragonizar o vídeo promocional e ser "embaixadora de 'Ourense Termal'". 

 

O texto espertou algunhas críticas e en redes sociais xa propuxeron algúns nomes para protagonizar o vídeo, como os de Tamara Falcó ou a raíña Letizia. 

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou este xoves en Fitur o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Ourense Termal'
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, en Fitur 

 

Ourense busca dar un impulso ao turismo en toda a provincia e para iso recorreron a un dos seus principais valores: o turismo termal. Tanto a cidade como a Deputación provincial envorcáronse para promocionar o termalismo nun intento de abrirse a novos mercados e atraer a un público que busque a tranquilidade e o descanso que ofrece este modelo de turismo. Con todo, a forma na que o ente presidido por José Manuel Baltar espertou algunhas críticas, especialmente polas condicións que propón para o vídeo promocional que planean. 

 

O proxecto do vídeo promocional está enmarcado no plan de sustentabilidade turística subvencionado polo Estado. Tal e como establecen os documentos oficiais, cos selos da Deputación, a Xunta e o Ministerio de Turismo, o vídeo debe contar "cunha protagonista feminina que actue como embaixadora da marca 'Ourense Termal'".

 

MODELO ARTÍSTICA, 20 ANOS DE EXPERIENCIA...

O perfíl específico que esixe a Deputación no prego de condicións é o de "unha modelo artística de recoñecido prestixio, cunha traxectoria profesional non inferior a 20 anos (co fin de xerar empatía nun target de mercado entre 40 e 50 anos)". 

 

 

"Esta profesional debe ter presenza na actualidade tanto en medios online como offline, especialmente en televisión, e xustificar a experiencia asociada a marcas internacionais ligadas ao luxo, así como traballar en destinos turísticos asociados á excelencia tanto a nivel nacional commo internacional", agrega o documento.

 

De igual maneira, debe acreditar a súa "presenza habitual" en "cabeceiras editoriais de prestixio especializadas en moda e 'lifestyle', entregar 80 fotografías e estar ao dispor dos medios durante o previsibles cinco días de rodaxe. 

 

Con estas condicións, que lembran ás bases dun concurso de beleza ou para influencers, nas redes sociais xa propuxeron algúns nomes a Baltar, como a raíña Letizia ou Tamara Falcó

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE