O Resurrection Fest abre a venda das súas entradas a partir do martes
O Resurrection Fest publicou este venres o cartel por días da edición de 2024. A organización do festival sinalou que se trata dunha programación "inigualable" con "grandes lendas da historia do rock".
O Resurrection Fest publicou este venres o cartel por días da edición de 2024 e avanzou que as entradas diarias sairán á venda o vindeiro martes ás 12.00 horas en www.resurrectionfest.es.
O primeiro día do festival, o mércores 26 de xuño, subirán ao escenario de Viveiro artistas como Alice Cooper, Bad Omens, Machine Head, Sum 41 ou Biohazard.
O xoves será a quenda de Bring Me The Horizon, Bruce Dickinson, Counterparts, Ihsahn e Bob Vylan, entre outras bandas. Mentres, o venres actuarán, The Offspring, Corey Taylor, Sôber, Aceept, Drug Church ou Lendakaris Muertos.
O último día, o sábado, Avenged Sevenfold serán uns dos protagonistas do Resurrection Fest, xunto a Megadeth, Electric Callboy, Baby Metall ou Fear Factory.
A organización do festival sinalou que se trata dunha programación "inigualable" con "grandes lendas da historia do rock", algunha das bandas "máis desexadas ao longo da historia" polo público deste evento e bandas que "marcan o presente e marcarán o futuro do rock, do metal, do punk e do hardcore".
Escribe o teu comentario