Comercio Vario coruñés maniféstase para esixir á Patronal un convenio digno que garanta o poder adquisitivo

Os sindicatos avanzan que, de non chegar a un acordo este luns, o próximo paso será a folga


|

Cuatro caminos turismo
Arquivo - Entrada do Centro Comercial Catro camiños, onde deu comezo a manifestación

#UXT, CIG e CC.OO convocaron unha manifestación este domingo no centro da Coruña co obxectivo de esixir á patronal do Comercio Vario un convenio digno, que garanta a non perda de poder adquisitivo do conxunto dos traballadores afectados polo Convenio, máis de 20.000 na provincia.

A manifestación deu comezo ás 12:00 horas no centro comercial Catro Camiños e continuou cara ao final da rúa Real, á altura da rúa Bailén, diante do antigo cine París.

Entre as súas principais reclamacións á patronal están unha subida salarial moi afastada ao que subiu a vida os anos 2021 e 2022, non querer falar de redución de xornada, "nin sequera pola vía dos asuntos propios", non querer limitar de ningunha maneira a contratación a tempo parcial e non querer falar de ampliación de descansos.

A responsable do Sector Comercio na FeSMC UXT A Coruña, Sheila Canzobre, avanzou que mañá se reunirán co A.G.A. para unha mediación. Aínda que valoran "moi positivamente" a participación dos traballadores afectados polo convenio, sobre todo do pequeno comercio, afirma que está "lonxe" de chegar a un acordo en termos salariais.

"A proposta por parte da patronal fai que perdamos poder adquisitivo, xa que no ano 2012/2022 a inflación foi dun 12,20% e a subida que nos propoñen é dun 7,5%", explica.

Hai "determinadas liñas vermellas" que, asegura, non están dispostos a pasar. Sinalan que a patronal non está disposta a falar da redución de xornada anual, licenzas retribuidas como o aumento de asuntos propios, plus de tarde e plus de sábados.

"Non estamos dispostos a que non queiran limitar a contracción temporal e tampouco a que non amplíen os descansos. Estamos lonxe de chegar a un acordo que garanta as condicións dos traballadores", afirma.

Apunta tamén que, se mañá non chegan a acordo, o próximo movemento será a folga.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE