Ducias de miles de persoas enchen Compostela para manifestar pola Sanidade Pública (vídeo)

Desde primeira hora da mañá xa se puido percibir que a cidade acollería unha gran manifestación debido á presenza de numerosos autobuses


|

FowtCqnXgAEWD6w
A Alameda chea de xente á saída da manifestación / Foto: Galiciapress

A manifestación en defensa da sanidade pública logrou encher as rúas de Santiago este domingo pola mañá. Ducias de miles de persoas atenden ahoraismo a convocatoria da plataforma SOS Sanidade Pública. Desde primeira hora da mañá púidose percibir na cidade que a convocatoria ía ser un éxito ante a presenza de numerosos autobuses chegados doutras localidades.

 

O foco da prostesta estivo na Atención Primaria. Miles de galegos teñen que esperar moitos días, mesmo semanas, para poder ver ao seu médico de familia ou pediatra. Isto, á súa vez, empuxa aos enfermos cara aos servizos de urxencias dos hospitais , todos salvo o de Lugo sufriron episodios de colapso puntuais, pero periódicos, durante este inverno.

 

Segundo os convocantes desta concentración, a falta de médicos débese a anos de recortes. Pola súa banda, a Xunta de Galicia culpa ao goberno de España, por non convocar suficientes prazas para novos médicos MIR.

 

Preocupada polo impacto que pode ter a mobilización a poucos meses das eleccións locais, a Xunta do #PP lanzou nas últimas semanas varias medidas, como a solicitude para ampliar a idade de xubilación voluntaria ou unha bolsa de horas extra para médicos voluntarios, que poderán traballar na #PAC cobrando un plus duns 5.000 euros. Trátase dunhas medidas que a maioría de plataformas e sindicatos consideran "parches insuficientes" ante o que entenden como investimento en Atención Primaria.

 

O conselleiro mostrouse moi crítico esta semana cos convocantes da manifestación, a plataforma #SOS Sanidade Pública aos que acusou entre lineas de ser marionetas do Bloque Nacionalista Galego. Hoxe Comesaña traballou o ton, declarando que respecta aos que se manifestan e mesmo dicindo que el manifestaríase si o obxectivo da protesta fose reclamar médicos a Moncloa .


Os líderes da oposición estiveron presentes na protesta e o manifesto vai ser lido por Isabel  Risco.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE