Xinzo mobilízase contra a invasión eólica
Na Praza Maior de Xinzo de Limia, este domingo ás 12:00, un total de 22 colectivos e plataformas mobilizaranse con motivo do Día das Montañas
Vilar de Barrio, Laza, O Irixo, San Xoán de Barrio, A Pobra de Trives, Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa son algúns dos municipios ourensáns que ven afectados pola macro polígonos eólicos da provincia de Ourense. Segundo denunciou a plataforma Stop Eólicos nun comunicado "o rural está en mans dos intereses das corporacións enerxéticas". Afirman que estas empresas "contan coa complicidade da Xunta de Galicia e da maioría das administracións do Estado".
O colectivo aseverou que o rural galego "atópase nun proceso de colonización enerxética", advertindo que as comarcas se atopan camiño da "desertización social e industrial".
Por iso, anunciaron que este domingo, coincidindo co Día das Montañas, un total de 22 plataformas e colectivos da provicia ourensá concentraranse ás 12 do mediodía na Praza Maior de Xinzo de Limia, nunha protesta baixo a lema "Eólica Así Non". A esta concentración están convocados os veciños das comarcas da Limia, Celanova, Allariz e Verín.
Durante o acto, instalarase unha mesa de recollida de firmas en contra dos proxectos de macrocentrales eólicas da zona e que estes días están a exposición pública, como o caso do complexo Mistral-Tramontana, no municipio ourensán de Baltar, que afecta tamén a varias aldeas de Portugal, ou a ampliación denominada Lamas II, situada entre Aguioncha e Pena Loba, entre Calvos de Radín e Os Blancos.
Á súa vez, haberá concentracións noutros puntos de Galicia, como é o caso de Baña, A Fonsagrada, as Mariñas Coruñesas, Foz, Meira, Monterroso, Coristanco, Vimianzo, Moeche, Lugo, Mondoñedo, Vila de Cruzamentos, Moaña, Pontevedra e Forcarei.
Escribe o teu comentario