ADEGA denunciará ante a Comisión Europea a vulneración do dereito comunitario pola "invasión eólica"

Representantes da asociación ecoloxista ADEGA acudirán a próxima semana a Bruxelas, para denunciar ante a Comisión Europea, o incumprimento das directivas comunitarias en materia de protección do medio ambiente


|

Concentración contra eólicos
Concentración contra os eólicos

Unha comisión técnico-xurídica da organización ecoloxista ADEGA desprazarase a Bruxelas a semana que vén durante os días 31 de agosto e 1 de setembro, convidada pola europarlamentaria do BNG, Ana Miranda. O seu obxectivo é presentar ante a Comisión Europea dúas denuncia contra a Xunta de Galicia e contra o Estado español, por vulnerar o dereito comunitario nos procedementos de autorización de instalacións eólicas en Galicia.

 

Durante esta visita, a organización expoñerá á Comisión un informe xurídico no que se analiza a evolución histórica desde un punto de vista legal da implantación de proxectos de enerxía eólica no país, e de que maneira tivo lugar á marxe e contraria á normativa europea aplicable.

 

No relativo ás denuncias, ADEGA presentará dous documentos: un deles versará sobre a vulneración dos dereitos da cidadanía en materia de acceso á información e participación pública en relación aos proxectos eólicos en tramitación. O outro denunciará o incumprimento das directivas comunitarias en materia de protección do medio ambiente.

 

Con estas accións, a organización pretende chamar a atención das autoridades europeas, concretamente a da Comisión Europea, e conseguir que investigue o marco normativo no que se ampara a implantación eólica na comunidade galega. Tamén pretenden que a Comisión analice se desde os gobernos estatal e autonómico incúmprense as directrices europeas nos ámbitos sinalados. ADEGA insistirá, por tanto, a a Comisión Europea a que adopte as medidas de apercibimento ou sancionadoras que correspondan.

 

A organización ecoloxista achegará, así mesmo, a Europa a opición de boa parte da sociedade galega de rexeitamento ante o actual modelo enerxético, que se puxo en total evidencia nas últimas mobilizacións sociais convocadas pola Coordinadora Eólica Así Non.

 

En representación de ADEGA, acudirán a Bruxelas o secretario técnico da organización, Fins Eirexas, a secretaria executiva, Belén Rodríguez, e o vogal de Dereito de ADEGA, Fernando de Abel Vilela, xunto co seu equipo legal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE