Fagamos, a asociación galega que atende a pais e nais monomarentais: "O que buscamos é diversidade familiar"

Unha palabra que, para a asociación, é simbólica e só manda unha mensaxe.  Por último, a presidenta anima a todas as familias monoparentais que se atopen nunha situación na que non saben dos recursos ou dereitos que dispoñen, a consultar a súa web ou contactar coa asociación por teléfono ou correo electrónico para recibir o asesoramento que necesiten.  


|

Inmaculada Alonso Rodríguez, presidenta de Fagamos, demanda igualdade política e administrativa para as familias monoparentais: "Non buscamos privilexios, senón equidade". 

 

A asociación pertence a unha rede organizada con outras comunidades autónomas que avogan por unha Lei Monomarental para normalizar esta diversidade en España.

 

"Ás veces descualifícannos en redes por chamarnos 'familias monomarentais' porque pensan que atendemos a un só xénero de proxenitores", destaca a presidenta de Fagamos.

WhatsApp Image 2022 07 07 at 1.20.38 PM
Fagamos no acto de presentación

 

"Fai dez anos eu estaba nesta situación e tiven que acudir a Madrid porque en Galicia non atopaba información". Así relatou Inmaculada o inicio da asociación que agora preside. A súa situación persoal levouna a crear o que é Fagamos, unha asociación que asesora e axuda a familias monoparentais.

 

"Fagamos xurdiu por necesidade", asegura Inmaculada. En 2020 rexistrouse que o 10,37% de familias en España eran monoparentais, pero reclaman que non hai ningunha lei que ampare a estas familias e que, ademais, existe un estigma social erróneo no que se vincula ser un proxenitor único responsable de familia con ter máis axudas. 

 

WhatsApp Image 2022 07 07 at 1.13.03 PM
Xunta directiva de Fagamos

 

Así mesmo, reclaman unha definición institucional que regule a este modelo de familias por igual. "A situación en cada comunidade autónoma é moi diversa, nós en Galicia temos a sorte de estar certificadas como familias monoparentais, pero hai comunidades nas que iso non ocorre", sinala. 

 

Con todo, destaca que as condicións en Cataluña están máis avanzadas e, por ese motivo, Fagamos coordínase coa Federación de Familias Monomarentais -FAMS- para reivindicar un tratamento igual en todo España. 

 

Na regulación estatal, asegura, buscan acabar con a discriminación administrativa, de renda, acceso a axudas nas vivendas ou nos permisos de natalidade: "Por exemplo, se es unha persoa viúva con dous fillos a cargo, podes ter o título de familia numerosa. En cambio, non sucede o mesmo para as nais e pais con dous fillos a cargo que son unha familia monoparental".

 

Así mesmo, destaca a importancia de dar amparo a este modelo de familias tamén se manifesta cando, actualmente, aténdese aos problemas ligados coa natalidade : "Somos o único modelo de familia que está a crecer neste sentido, seguimos traendo nenos e nenas ao mundo... só por iso hai que darlles protección a estas familias". 

 

Inmaculada subliña incesantemente que non buscan tratos especiais, senón equidade no tratamento social. Xustifica as súas palabras destacando que moitos formularios administrativos non recoñecen este modelo de familia como opción. Por tanto, a súa asociación apela a utilizar unha terminoloxía ou linguaxe máis formal onde todas as persoas poidan sentirse integradas e identificadas.

 

 

POR QUE SE CHAMAN 'FAMILIAS MONOMARENTALES'?

Fagamos denomínase como unha asociación de asistencia a familias monomarentais. Este concepto xera controversia ao non saber a que se refire. O termo monoparental refírese a parente e, por tanto, a pais e nais que se teñen a responsabilidade individual familiar. Pero, isto significa que monomarental atende a un só xénero? A resposta das asociacións é contundente: "Non". 

 

"Como todas as palabras, buscamos transmitir unha idea. Neste caso, o 80% de familias monoparentais están encabezadas por mulleres, é dicir, hai unha realidade tamén moi desequitativa neste ámbito", explica Inmaculada. Por ese motivo, argumentaba a Galiciapress, decidiron designalo como 'monomarentais', é dicir, para concienciar da elevada cifra que existe de mulleres a cargo da individual responsabilidade familiar. 

 

Con todo, asegura que a asociación dá igual cobertura a nais e pais que necesiten asesoramento e que, en moitas ocasións, recibiron comentarios descualificativos en redes sociais por esta terminoloxía. Unha palabra que, para a asociación, é simbólica e só manda unha mensaxe. 

 

Por último, a presidenta anima a todas as familias monoparentais que se atopen nunha situación na que non saben dos recursos ou dereitos que dispoñen, a consultar a súa web ou contactar coa asociación por teléfono ou correo electrónico para recibir o asesoramento que necesiten. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE