Rexistrado un terremoto de magnitude 3 fronte á costa lucense
O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou este domingo un terremoto de magnitude 3 fronte á costa norte de Galicia.
O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou este domingo un terremoto de magnitude 3 fronte á costa norte de Galicia.
Segundo a información recollida polo IGN, o sismo produciuse durante a madrugada deste domingo, concretamente ás 04,55 horas.
Pola súa banda, o 112 Galicia indicou de que non rexistrou ningunha chamada referente a este tremor, localizado na costa cantábrica galega.
Escribe o teu comentario