Deteñen a unha septuaxenaria que tentou coar droga no cárcere de Monterroso durante unha visita

A muller, de 71 anos, foi descuberta pola Garda Civil e acusada dun delito de tráfico de drogas.


|

EmIxLpOWoAAepUA
Foto: @g24noticias

 

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de drogas, tras sorprendela cando tentaba introducir droga no cárcere de Monterroso aproveitando unha visita a un interno.

En concreto, informou o corpo, a muller acudía a visitar a un interno no penal e entre as súas posesións levaba cannabis, que lle foi intervido. Na detención colaborou tamén o persoal técnico de Institucións Penais.

Por outra banda, a Garda Civil investiga a un mozo de 19 anos que causou diversos danos nun vehículo estacionado no termo municipal de Meira.

Foi a propietaria do vehículo a que observou como danaba o turismo e recriminoulle os seus actos. A continuación, foi agredida polo investigado, á vez que a insultaba con alusións ao seu lugar de orixe.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE