Localizan na lagoa de Cospeito o cadáver dunha muller desaparecida
A muller levaba desaparecida desde este pasado vienres
Equipos de emerxencia localizaron á primeira hora da mañá deste sábado na lagoa de Cospeito o cadáver dunha muller que levaba desaparecida desde o venres.
Tras ser avistado, o corpo foi recuperado da auga polos bombeiros da localidade lucense de Vilalba ao redor das 8:00 deste sábado, segundo puideron afirmar os servizos de emerxencia.
O caso está a ser investigado pola Garda Civil, que tivo constancia da desaparición desta muller na noite do venres.
Fontes próximas á investigación apuntan que o corpo non presenta signos externos de violencia.
O operativo, coordinado pola Garda Civil para recuperar o corpo, contou coa participación de membros do servizo municipal de Protección Civil de Vilalba e de voluntarios de Protección Civil de Meira.
Escribe o teu comentario