Falece un dos dous ocupantes excarcerados dun vehículo que se saíu da vía en Abadín
Os bombeiros de Vilalba foron os encargados de realizar a excarceración
Un dos ocupantes excarcerados dun vehículo que se saíu da vía no municipio lucense de Abadín na tarde de onte faleceu. Trátase dun veciño de Cartaxena de 85 anos.
O accidente tivo lugar no punto quilométrico 14 da LU-120, que pertence ao municipio de Abadín, e non de Cospeito como sinalou nun primeiro momento a central de emerxencias e como o recolleu Galiciapress. Foi un particular o que deu aviso ao servizo, uns minutos despois das 19:30 horas da pasada tarde de onte.
Os Bomeros de Vilalba foron os encargados de realizar a excarceración. As vítimas, tras recibir as primeiras atencións por parte dos servizos sanitarios foron trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Alí, o octoxenario faleceu esta madrugada.
Ademais dos bombeiros e o 061, no operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da vía de circulación.
FERIDO DE GRAVIDADE UN MENOR
En Vilanova de Arousa, un menor sufriu feridas de gravidade ao ser alcanzado por un coche mentres circulaba en bicicleta, nas proximidades do Concello.
Os feitos tiveron lugar durante a tarde de ayern tamén sobre as 19:30. Neste momento, unha persoa particular contactaba coa central de emerxencias para dar conta do atropelo do menor.
Escribe o teu comentario