PPdeG Lugo presenta unha moción na Deputación para defender á frota galega das limitacións á pesca

O portavoz do grupo provincial do PP en Lugo denunciou que "son moitos os barcos que ven afectados pola eliminación deses caladoiros, moitos os postos de traballo, centos de familias que se verán prexudicadas"


|

FYR3LbaXkAAL246
Javier Castiñeira, portavoz do PPdeG da Deputación de Lugo / Foto: @PPdeLugo

O grupo provincial do Partido Popular de Lugo presentou o pasado mércores 21 na Deputación unha moción de defensa da pesca de fondo galega ás limitacións impostas pola Unión Europea, tal e como fixo público este venres o portavoz popular Javier Castiñeira en Celeiro.

 

Estivo acompañado por Domingo Rey, o patrón maior da confraría, que é ademais vicepresidente do Porto de Celeiro.

Castiñeira lembrou que a nova regulación de Pesca de Fondo da Comisión Europea elomina 87 caladoiros. "Algúns deles afectan directamente os portos de Celeiro e Burela, pero tamén hai barcos prexudicados noutros portos".

 

"Son moitos os barcos que ven afectados pola eliminación deses caladoiros, moitos os postos de traballo, centos de familias que se verán prexudicadas", asegurou o portavoz do PPdeG.

 

Os populares aclararon que son "conscientes" de que a Deputación de Lugo é unha administración local, pero consideran que "é o ámbito adecuado para buscar o apoio dos 330.000 lucenses ao sector da pesca, que se debe sumar ao apoio da Xunta de Galicia para tratar de que o Goberno de España chegue ata as últimas posibilidades, incluída a xustiza europea".

"A eliminación de certos caladoiros para a pesca de fondo é absolutamente inxusta e non está razoada con informes técnicos. A frota galega, a da Mariña, é especialmente coñecida polo coidado na sustentabilidade das especies, con calidade moi alta. Non podemos ser prexudicados unha vez si e outra tamén, proque ao final vai en contra do crecemento da nosa frota", asegurou o portavoz popular".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE