A Xunta mete a tesoira aos persoais dos colexios rurais de Lugo, denuncias as ANPAS

Asociaciaciones de nais e pais de Lugo, agrupadas na federación Fapacel, denunciaron este xoves "recortes" en profesorado para o próximo curso na zona da Montaña da provincia.

 

 

 


|

A zona da Montaña na provincia lucense está a sufrir "recortes", segundo a denuncia das asociacións de pais e nais, afrupadas en Fapacel. 


"Os colexios do rural, da montaña neste caso, van sufrir recortes", manifestou a presidenta de Fapacel, que pon de exemplo a Cervantes e os 31 nenos que esperan profesor.

 

Arquivo - Varios nenos entran nun colexio en Galicia.
 Varios nenos entran nun colexio en Galicia | Foto: EP

 

Asociaciaciones de nais e pais de Lugo, agrupadas na federación Fapacel, denunciaron este xoves "recortes" en profesorado para o próximo curso na zona da Montaña da provincia.

A presidenta de Fapacel, Isabel Calvete, puxo o exemplo do colexio de Cervantes onde pedían unha "profesora especialista de Infantil e un profesor de Primaria, porque a que había, especialista en Educación Física, pediu o traslado".

"Solicitabamos eses dous profesores porque son necesarios, falamos de todo o ensino de infantil e primaria. A día de hoxe, o que sabemos é que probablemente teñamos especialista en Infantil pero non en Primaria", queixouse.

Calvete asegurou que "isto aboca ao colexio a unha situación delicada porque se fala, para todos os cursos de Primaria, de só un profesor fixo e doutro que fai as funcións de director, co cal non vai poder estar a tempo completo".

 

Os DE CERVANTES EN CERVANTES

"Os colexios do rural, da montaña neste caso, van sufrir recortes", manifestou a presidenta de Fapacel, quen espera que, no caso do centro de Cervantes, os pais non opten por levar aos seus fillos a outros colexios da zona.

Isabel Calvete concluíu que, "sen profesores, é imposible ter calidade" no ensino, polo que empraza a "pensar nun plan alternativo para o ensino no rural, un plan específico rural que teña en conta os dereitos dos nenos e non teña en conta o número de alumnos".

En Cervantes son 31 os alumnos con que se conta no colexio para o curso próximo, de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE